Thursday 28 de March de 2024

A Xunta remata as obras da nova sala polivalente e do novo mostrador de atención ao público no Centro de Saúde de Ribeira


― O delegado da Xunta na Coruña, a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza e o alcalde de Ribeira visitaron o centro de saúde para comprobar o resultado da actuación

― Gonzalo Trenor destacou que desde o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total, con esta nova actuación, de 88 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre 74.000 metros cadrados

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez e polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, supervisaron esta mañá o remate das obras realizadas no centro de saúde de Ribeira que consistiron en habilitar unha sala de docencia e reunións moi necesaria, por tratarse dun centro docente. Con este novo espazo o centro conta cunha zona que permite as reunións de equipo, a realización de sesión clínicas, cursos de formación e sesións in streaming para asistir a videoconferencias, un servizo que non estaba disponible neste centro de saúde.

Trenor destacou que as obras realizadas contemplaron tamén a habilitación dun novo posto administrativo no mostrador para aumentar a capacidade de resposta dos pacientes que acuden de maneira presencial para xestiones administrativas como solicitar cita ou a tramitación da chave365.
O delegado da Xunta destacou na visita que o goberno galego ten en marcha obras nos principais hospitais galegos e no que respecta á comarca ten xa adxudicadas as obras da sala de endoscopias do hospital do Barbanza

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total, con esta nova actuación, de 88 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre 74.000 metros cadrados. Xunto ás obras que están en marcha, o investimento da Administración autonómica nestes 12 anos suma máis de 115 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

Esta lexislatura comezou co compromiso da Xunta de completar unha renovación integral do Sergas. En consecuencia, os orzamentos para 2021, os primeiros desta lexislatura, contemplan un incremento, no que respecta a Sanidade, dos capítulos VI e VII, os dedicados a investimentos, chegan a duplicarse respecto a 2020, pasando dos 26 millóns de euros a case 55 millóns de euros para 2021.